17 DE MAIO
Hoxe foi 17 de maio o día das nosas letras, este ano nin os medios se fixeron moito eco desta celebración, pero o que mais me doe e que os galegos e galegas, día a día están a abandoar a nosa lingua a favor do castelan unha lingua allea que non ten as verbas suficientas para expresar a nosa alma, que nos ensucia a boca coas suas variedades mais pobres que non e nosa, en cambia deixamos unha lingua que nos viu nacer que nos ensinou o luscofusco das nosas vidas sempre coa tenrura propia dunha nai, que nos ensinou a sorrir e a chorar , a que nos deu forza para loitar, a que nos identifica como nacion , a que tantos anos estivo oprimida e agora volve a ter alma, volve a ser nosa, o que nunca nos poderan roubar e a alma de cada galego que se levanta nun aturuxo contra a veciña castela que morre cos ciumes pola nosa doce fala.NA GALIZA EN GALEGO. GALIZA CEIBE.



